O Concello de Zas impulsa unha nova campaña para apoiar ao comercio local 

2 minutes read

“Este Nadal merca en Baio” é o nome da campaña comercial que se pon en marcha este venres, 15 de decembro, e que se prolongará ata o 5 de xaneiro. A iniciativa, que está impulsada polo Concello de Zas logo da reunión mantida co sector comercial e hostaleiro da vila, ten como obxectivo apoiar o comercio local.

“O comercio local ten un papel moi importante na economía do noso concello polo que é importante apoialo e impulsar novas campañas que axuden a dinamizalo e a animar á veciñanza a que merque durante todo o ano e en datas sinaladas como o Nadal nos pequenos comercios”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Na campaña repartiranse 2.000 euros en premios entre todas as compras que se realicen nos máis de 70 establecementos participantes entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro. Con cada compra entregarase unha tarxeta que haberá que depositar nas urnas colocadas en cada comercio. En total sortearanse 10 vales de 200€ cada un.

Actividades paralelas

Ademais dos premios en metálicos, haberá diferentes actividades paralelas que están incluídas na programación de Nadal do Concello de Zas

O día 23, a partir das 17:00 horas, recibirán a visita de Papá Noel na Praza Jorge Mira e virá acompañado de Cé Orquesta Pantasma. E este ano como novidade, farán unha festa de Pre Fin de Ano, tamén na Praza Jorge Mira, na que haberá moita música e soarán as badaladas. Primeiro haberá unha sesión infantil que comezará ás 17:00 horas e na que actuará Pakolas e logo, a partir das 22:30 horas, Los Jinetes del Trópico ofrecerán un concerto e rematarán coas baladas. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?