O Concello de Zas lanza unha nova proposta cultural coa creación de dous clubs de lectura

O Concello de Zas lanza unha nova proposta cultural coa creación dun club de lectura para adultos e outro infantil. “Esta iniciativa nace coa idea de fomentar a lectura entre a nosa veciñanza e tamén para a creación dun novo espazo para o encontro social arredor dos libros”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Estes son uns dos primeiros clubs municipais da comarca. 

Realizaranse reunións mensuais ao longo de todo o curso 2025-2026 e este será un punto de encontro para as persoas participantes no que poderán compartir as súas impresións, intercambiar opinións e crear novas comunidades a través da cultura.

Club de Lectura de adultos está aberto a toda a veciñanza e está previsto facer unha xuntanza o segundo xoves de cada mes ás 19:00 horas na Axencia de Lectura de Baio. 

Para a rapazada de 8 a 11 anos creamos o Club de Lectura infantil “Papapáxinas” que se reunirá os xoves cada tres semanas de 17:00 a 18:00 horas na Axencia de Lectura de Baio.

Inscricións

Estes clubs de lectura poranse en marcha proximamente e para participar é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio ou ben a través de calquera destes números de teléfono 981 718 056 / 981 708 303. A inscrición é gratuíta.

Related posts

Robert Redford, lenda do Hollywood do século XX, morre aos 89 anos

Conclúe a tempada do servizo de salvamento e socorrismo da praia de Caión

O Auditorio de Vimianzo acollerá este outono 14 propostas escénicas de música, teatro, danza e cine