O Concello de Zas medirá o gas radon en varios edificios municipais e nos centros de ensino


Esta é a primeira fase dun programa que vén de poñer en marcha o Concello de Zas en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, e que se realizará nos seguintes inmobles:

  • Casa do Concello
  • Centro de Información á Muller
  • Centro Sociocultural de Zas
  • Centro Sociocultural de Baio
  • Escola Infantil de Zas
  • CPI de Zas
  • CEIP Labarta Pose 
  • IES Maximino Romero de Lema

Instaláronse dous tipos de detectores. Uns medirán as trazas de gas radon en aire interior durante tres meses e estes combinaranse con outros medidores en continuo que farán diferentes medidas nun periodo de cando menos tres días.

O obxectivo deste programa é coñecer os niveis de concentración de radon nestes edificios públicos e en función dos resultados adoptar as medidas necesarias para garantir unhas condicións sanitarias seguras.