Esta é a primeira fase dun programa que vén de poñer en marcha o Concello de Zas en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, e que se realizará nos seguintes inmobles:
- Casa do Concello
- Centro de Información á Muller
- Centro Sociocultural de Zas
- Centro Sociocultural de Baio
- Escola Infantil de Zas
- CPI de Zas
- CEIP Labarta Pose
- IES Maximino Romero de Lema
Instaláronse dous tipos de detectores. Uns medirán as trazas de gas radon en aire interior durante tres meses e estes combinaranse con outros medidores en continuo que farán diferentes medidas nun periodo de cando menos tres días.
O obxectivo deste programa é coñecer os niveis de concentración de radon nestes edificios públicos e en función dos resultados adoptar as medidas necesarias para garantir unhas condicións sanitarias seguras.