O Concello de Zas organiza unha observación astronómica na Arca da Piosa con Jorge Mira

Será o luns 25 de agosto ás 22:00 horas. “Mirada ao firmamento dende o pasado”, será unha proposta pensada para toda a familia que contará co coñecido divulgador científico Jorge Mira como guía da observación astronómica.

O punto de encontro será na igrexa de Santa Sía de Roma (https://bit.ly/comochegararoma), desde onde se iniciará unha camiñada de aproximadamente 2 quilómetros ata o dolmen da Arca da Piosa, un dos monumentos megalíticos máis emblemáticos do municipio. O percorrido presenta unha dificultade baixa.

Durante a actividade, as persoas asistentes poderán contemplar o ceo nocturno e identificar as súas estrelas e constelacións máis destacadas, guiadas polas explicacións de Jorge Mira.

Recomendacións
Para unha mellor experiencia, recoméndase levar roupa de abrigo, lanterna e unha manta para poder deitarse comodamente durante a observación.

Inscricións
A participación é gratuíta, pero require inscrición previa a través do formulario dispoñible en https://bit.ly/Observacion25 ou chamando ao teléfono 981 718 056.

Con esta proposta, o Concello de Zas continúa apostando pola divulgación científica e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, ofrecendo actividades que combinan natureza, ciencia e cultura nunha contorna única.

Cómpre lembrar que o xeodestino Costa da Morte recibiu no ano 2023 a certificación como Destino Turístico Starlight, e que o dolmen da Arca da Piosa forma parte dos miradoiros incluídos nesta distinción.

Related posts

Carballo | A programación de Apego arrinca coincidindo coa Semana da Mobilidade

O PSOE de Coristanco propón ceder terreos para crear unha base de bombeiros forestais no municipio 

Vimianzo dálle unha activa benvida ao curso escolar 2025-2026