O Concello de Zas presentará este sábado a súa nova páxina web municipal

Pasará a estar dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun novo espazo dixital máis accesible, intuitivo, visual e cómodo para a navegación, pensado para mellorar a comunicación coa veciñanza e facilitar o acceso á información municipal.

A nova web recollerá todos os contidos e servizos de interese para a cidadanía, con apartados específicos de Turismo, Novas e actualidade, Axenda de eventos, Sede Electrónica e Tablón de Anuncios, entre outros, ofrecendo unha estrutura clara e adaptada ás necesidades actuais.

O acto de presentación terá lugar o sábado 17 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, nas Torres do Allo, e contará coa intervención do alcalde de Zas, Manuel Muíño, da responsable da empresa Medialeva, Gema Lema, e do responsable de WP Nordés, Diego Alonso, empresas encargadas do desenvolvemento do proxecto.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “esta nova páxina web supón un paso máis na modernización do Concello e na nosa aposta por achegar a administración local á cidadanía, facilitando o acceso á información e aos servizos municipais dun xeito sinxelo e eficaz”.

Conferencia sobre a intelixencia artificial e nova canle de WhatsApp

Ademais, no marco desta xornada celebrarase a conferencia titulada ‘A Intelixencia Artificial na vida das persoas’, que será impartida polos profesores do IES Maximino Romero, Óscar Manuel Rey e Fina Paulos, achegando unha reflexión divulgativa sobre o impacto desta tecnoloxía no día a día da cidadanía.

Durante a presentación tamén se avanzarán detalles sobre a nova canle de WhatsApp do Concello de Zas, unha ferramenta que substituirá ás actuais listas de difusión e que permitirá unha comunicación máis directa, áxil e ordenada coa veciñanza.

Related posts

Camariñas promocionará en FITUR o impoñente paraíso que alberga a zona de Trece, Reira e Vilán

O Fórum Carballo implanta un sistema de xestión de calidade da formación que se imparte nas súas instalacións

A Laracha licita o contrato do servizo de creación do novo software para inscricións nas actividades municipais