O Concello de Zas reparte 29.000 euros en bolsas de estudos

O Concello de Zas iniciou o procedemento para o abono das Bolsas de Estudo para o curso 2020-2021. En total concedéronse 147 axudas que se repartirán entre o alumnado empadroado no municipio e que actualmente estean matriculados nalgunhas das seguintes ensinanzas: primaria, ESO, Bacharelato, Ciclo Fomativo, Grao Medio e Grao Superior.

O Concello de Zas destina 29.000 euros correspondentes ao Orzamento de Gastos para o ano 2020. O importe das bolsas oscila entre os 120€ e os 360€ en función dos estudos que se realicen e para adxudicarse as axudas tivéronse en conta unha serie baremos, tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O reparto fíxose da seguinte maneira:


• 32 bolsas para estudantes de grao medio ou superior, cun importe de 360 euros cada unha


• 40 bolsas para estudantes de bacharelato ou ciclos superiores, cun importe de 180€ cada unha


• 42 bolsas para estudantes da ESO ou ciclo medio, cun importe de 150€ cada unha


• 33 bolsas para esutantes de Primaria, cun importe de 120€ cada unha

Hai máis de dez anos que o grupo de goberno municipal puxo en marcha esta iniciativa coa que segundo destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, se pretende contribuír á integración socio-laboral das familias con menores recursos do municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha