O Concello de Zas selecciona dous socorristas acuáticos


O Concello de Zas vén de dar a coñecer as bases para a contratación laboral con carácter temporal de dous socorristas acuáticos para as piscinas municipais de Zas e de Baio. 

A modalidade do contrato será por obra ou servizo, a xornada completa e será durante os meses de xullo e agosto, con posibilidade de ampliarse o contrato ata o 15 de setembro en función da climatoloxía. As funcións das persoas contratadas serán as propias de seguridade, salvamentos acuático e a de velar polo uso axeitado das piscinas. 

As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas.