O Concello de Zas non quere perder de celebrar unha das festas máis populares e vén de poñer en marcha un concurso de disfraces para participar dende a casa e no que se empregarán as redes sociais oficiais do Concello para darlle visibilidade. Participar é moi sinxelo. O concurso está aberto a toda a veciñanza e ten tres categorías diferentes: infantil (ata 12 anos), adultos (máis de 13 anos) e convivientes (dous ou máis membros da unidade familiar). As persoas participantes deberán enviar un máximo de 3 fotografías por disfraz ou ben un vídeo de 30 segundos como máximo de duración ao enderezo electrónico cultura.deportes@concellodezas.org ou por Whatsapp ao número de teléfono 663 776 504. Ademáis será necesario enviar o formulario de inscrición dispoñible na web municipal.
Haberá os seguintes premios:
- Premio ao mellor disfraz infantil
- Premio ao mellor disfraz adulto
- Premio ao mellor disfraz de convivintes
- Premio ao mellor vídeo
- E un premio especial ao “Zaschoqueiro”
