41
- O prazo para presentar ofertas remata o 21 de xuño
O Concello de Camariñas licita por 125.000 euros o proxecto para a pavimentación da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto, financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña. As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 21 de xuño.
Os traballos mellorarán o firme da rúa, que «actualmente se atopa bastante deteriorado», destacan desde o consistorio. As obras inclúen o desbroce da vía e a limpeza das marxes, a demolición do pavimento existente en varios tramos e, por último, a execución dun novo de aglomerado asfáltico e adoquín rústico de pedra granítica.