O Concello estima en 38.000 euros mes o sobrecusto de limpeza dos centros escolares


As concellarías de Educación e Deportes de Santiago de Compostela elaboraron un informe no que se detalla o sobrecusto que supón a limpeza extra para a desinfección por mor da COVID de centros escolares e dos pavillóns deportivos vinculados a estes centros (7 en total), derivada das normas dictadas pola Xunta de Galicia o pasado 31 de agosto. En total, o gasto ascende a 38.000 euros mensuais. No que se conclúe que debe ser a Xunta a que compense ás administración locais polo custo do servizo de desinfección nos centros educativos de titularidade autonómica.