O concello impulsa a Axenda Urbana 2030 para construír unha cidade máis sustentable

A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey_Concello

O pleno da Corporación aprobou a proposta do goberno local para a creación da Axenda Urbana da Coruña 2030, un documento que terá como reto deseñar o modelo da Coruña do futuro, á vez que vai integrando actuacións concretas e orientándoas no camiño da construción dun desenvolvemento urbano xusto, equilibrado e sustentable.

A intención da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, é “poñer en marcha este proceso é que A Coruña se volva situar como referente no desenvolvemento dunha cidade sustentable e retomar o liderado na construción metropolitana”. Ademais, terá por obxectivo prestar máis e mellores servizos e, ao mesmo tempo, articular a cidade e a área metropolitana de maneira integral e sustentable para que se “converta nun eixe fundamental na vertebración do sistema urbano de Galicia”.