- Este mércores tivo lugar a presentación do mesmo no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela
O alcalde de Muxía, Iago Toba, representou ao Concello na presentación do documental ‘Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía por Brandomil’ que tivo lugar este mércores no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela. No acto tamén participou outro veciño da localidade, o propio director do Museo, Manolo Vilar.
Desde o grupo de goberno queren realizar nas vindeiras datas unha proxección do documental no municipio, «nunha contorna especial e coa actuación en directo da compositora da obra», sinalan.