O Concello pedirá explicacións por consentir viaxar á cidade un equipo, presuntamente, infectado

A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey_Concello

  • O Concello da Coruña emitiu un comunicado oficial sobre o partido de fútbol Deportivo – Fuenlabrada.

Ante as informacións publicadas por varios medios de comunicación sobre a viaxe do Club de Fútbol Fuenlabrada á nosa cidade para disputar o derradeiro partido de Liga contra o Dépor sabendo que o pasado sábado parte do seu corpo deportivo e técnico deu positivo por COVID o Concello da Coruña quere manifestar o seguinte:

– O Concello da Coruña pedirá explicacións á Liga, CSD e á Federación Española de Fútbol por consentir viaxar a un equipo de fútbol a esta cidade cando, presuntamente, o pasado sábado se detectaron varios casos de COVID no seu equipo.

– Entendemos que non se pode poñer en risco a saúde pública dunha cidade que leva meses combatendo unha pandemia, que aínda non está controlada e que causou neste país preto de 30.000 mortos.

Por suposto, agardamos unha pronta recuperación dos xogadores do Fuenlabrada, pero de confirmarse a información publicada en varios medios, este equipo nunca debeu viaxar á cidade, nin se debeu disputar a xornada de Liga.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha