- O proxecto conta cun orzamento de 32.704,85 euros
O Concello de Cabana realizará unha reforma integral dos vestiarios do pavillón deportivo municipal a través dun convenio de cooperación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, nun proxecto que conta cun orzamento de 32.704,85 euros.
O obxectivo prioritario é a potenciación do deporte base, recuperando o nivel óptimo do funcionamento das infraestruturas municipais para prestar servizos de calidade. Procederase, polo tanto, á renovación integral dos vestiarios tanto masculino con feminino, empregando materiais de calidade e tendo en conta criterios como a accesibilidade e a sustentabilidade.
O alcalde, José Muiño, destacou que estas instalacións son case un espazo “supramunicipal ou comarcal” debido a que, nun contexto normal, son empregadas por 800 personas, incluso doutros municipios.