Vigo estará na Feira Internacional de Turismo este xoves 19 de xaneiro no stand de TurEspaña para presentar o seu proxecto turístico do ano 2023 baixo o lema “Vigo: millóns de visitantes nos acreditan”. Vigo tamén presentará en FITUR Screen a cidade como estudio de gravación de películas e series para as grandes produtoras. O alcalde, Abel Caballero, avanzou que Vigo fará a súa presentación no stand de TurEspaña, “o espacio máis importante de FITUR”. A presentación, que será ás 17 horas, contará o Nadal de Vigo “que recibiu millóns de turistas”, o que sucede no verán, a Reconquista e os concertos de Castrelos. “Ímolo ir contando e transmitindo a todo o mundo para que coñezan o que é Vigo”, adiantou o rexedor.