- No pleno deste xoves aprobarase a derrogación das dúas ordenanzas que regulan estes sistemas para mitigar o impacto da Covid-19
O Concello de Camariñas ten previsto prorrogar a suspensión do cobro da taxa que teñen que pagar os hostaleiros do municipio polas súas terrazas, que xa leva suspendida desde o mes de maio de 2020, e cancelará tamén a referida aos postos dos comerciantes ambulantes. Para iso levará ao pleno deste venres dúas propostas para derrogar as ordenanzas que regulan estes sistemas. O obxectivo en ambos casos é o de mitigar o impacto que está a supoñer a crise sanitaria orixinada pola Covid-19 e, á súa vez, tratar de impulsar o desenvolvemento económico que implica a realización das feiras e demais atraccións.
Outros asuntos
Na sesión plenaria tamén se inclúen na orde do día a creación da praza de tesoureiro como habilitado nacional, o incremento retributivo do 0,9% previsto para o persoal funcionario como o laboral e unha emenda de deficiencias do acordo plenario de data 29-01-2021 de participación no Plan Único 2021 Plan.