Segunda entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ con tres sanitarias como protagonistas

Cedida

  • Cada mes publicarase na web do proxecto un vídeo cunha entrevista a unha persoa de Camariñas que destaque no seu ámbito profesional ou académico

Xa está dispoñible na rede a segunda entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ un proxecto municipal creado para dar visibilidade a aqueles veciños que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. Nesta segunda volta as protagonistas son tres sanitarias que “estiveron na fronte da pandemia no último ano”, sinalan desde o goberno local.

Na páxina web da iniciativa atópase a entrevista completa a estas veciñas senlleiras. En concreto os espectadores poderán escoitar as historias e perspectivas desta pandemia por parte da doutora Alicia Ogando; a coidadora de persoas con diversidade funcional, María Oanes; e a enfermeira na UCI COVID do CHUAC, Laura Rodríguez.