34
- Nas últimas semanas realizáronse melloras por un valor de 40.000 euros
Este venres o Concello da Laracha reabre ao público o parque infantil da praza Maximino Canedo. Isto é posible tras finalizar os traballos de mellora que se acometeron na infraestrutura durante as últimas semanas, e que alcanzaron un investimento de 40.000 euros.
A intervención consistiu na instalación dun novo pavimento de caucho como elemento de seguridade e a colocación de novos xogos.
Melloras semellantes tamén se realizaron na entrada da escola infantil A Galiña Azul da Laracha.