28
- As brigadas medioambientais continúan actuando nas zonas verdes e no sendeiro de Saldoiro
O Concello da Laracha está poñendo a punto o paseo marítimo de Caión, a praia e a súa contorna de cara á Semana Santa. No areal estanse acometendo, con medios mecánicos, varias actuacións para recoller o lixo e nivelar determinados puntos.
De forma paralela, as brigadas medioambientais municipais continúan actuando na contorna da praia, tanto na zona do sendeiro de Saldoiro como nos espazos verdes e aparcamentos, realizando desbroces da vexetación existente.