O Concello recupera as celebracións tradicionais do Entroido coruñés

Concello da Coruña recuperará este entroido as tradicionais celebracións que teñen lugar con motivo desta festividade. Deste xeito, desde o 17 de febreiro e ata o 2 de marzo, celebraranse eventos como o concurso de comparsas, o xoves de comadres, as diferentes ofrendas florais a persoeiros destacados do Entroido, a entronización do Momo, o desfile de disfraces pola cidade e os habituais concursos de disfraces de adultos e nenos así como a festa choqueira en Monte Alto que terá lugar o 1 de marzo.

Tras un ano marcado pola pandemia no que non foi posible realizar todas estas actividades, o Concello aposta por recuperar a normalidade este ano organizando numerosos eventos e actividades. En palabras da alcaldesa, Inés Rey «queremos que toda a cidade poda volver a gozar con normalidade dunha festa tan nosa como é o Entroido e do mesmo xeito apoiar ás comparsas e ao sector cultural e festivo da Coruña».

Ademais das tradicionais actividades o Concello proxecta complementar as festas cun cartel musical, con exposicións e con novas accións que permitirán recuperar e honrar a memoria de persoeiros singulares que impulsaron o entroido na cidade.

Os eventos comezarán o vindeiro 17 de febreiro coa inauguración dunha exposición sobre os 40 anos de historia da comparsa «Os Maracos» e finalizarán o 2 de marzo coa destronización do deus Momo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha