O Concello reiteralle a Costas que realice as reparacións da súa competencia nas praias de Oleiros

O Concello de Oleiros segue a demandarlle á Dirección Xeral de Costas do Estado que realice a reparación dos accesos ás praias de Santa Cruz e Santa Cristina. É competencia da administración do Estado arranxar as deficiencias existentes nas ramplas destes dous areais de Oleiros.

Para o acceso da maquinaria que procede a realizar as tarefas de limpeza das praias e para garantir a seguridade dos bañistas, Costas debe actuar de maneira urxente. A tempada de praias comeza o vindeiro día 1 de xuño, e antes desa data é preciso que se restitúa a area que falta e que ocasiona a existencia duns grandes chanzos nas baixadas ás praias de Santa Cristina e Santa Cruz, afirman dende o Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha