- Estas intervencións enmárcanse dentro do programa de acondicionamento das áreas recreativas
Os parques de Barizo e de Buño, en Malpica, reciben a época estival cunha nova imaxe grazas aos traballos de acondicionamento realizados polo Concello. Unhas intervencións que se enmarcan dentro dun programa de melloras nas áreas recreativas municipais que se iniciou fai unhas semanas.
Os traballos nos parques consistiron na limpeza do pavimento, a roza da masa vexetal e a retirada dos restos. «Durante a vindeiras semanas seguiranse executando limpezas noutros espazos do municipio que a veciñanza emprega de xeito habitual», sinalan desde o Goberno local. Un deses espazos foi o lavadoiro de Mens.