O Concello de Vigo substitúe eucaliptos e acacias por carballos e bidueiros

1 minutes read

O Goberno de Vigo acomete desde este martes a plantación de 75 exemplares de carballos, bidueiros e rododendros cerca do campo de fútbol da Guía, especies autóctonas nun lugar ocupado ata o de agora por eucaliptos e acacias. O alcalde, Abel Caballero, puxo en valor que, só no mes de marzo, o Concello plantou 248 novas árbores e outras 700 entregadas ás comunidades de montes. O goberno vigués realizou neste mes de marzo numerosas plantacións en zona urbana que suman un total de 248 árbores: 75 no monte da Guía, 21 máis en Barreiro, 42 en Navia, 60 na Avenida de Castelao e outras 50 árbores en Samil. “Só no mes de marzo, plantamos nesta cidade 248 árbores novas”, indicou o rexedor: “É unha satisfacción”. Ademais, Caballero engadiu que tamén en marzo o Concello que preside fixo entrega de 700 árbores máis ás comunidades de montes de Vigo.