O Concello da Laracha urbaniza a parcela do viveiro de empresas

Ayuntamiento de A Laracha

  • O proxecto, valorado en 15.000 euros, finánciase integramente con fondos municipais

O Concello da Laracha ten en marcha un proxecto de urbanización da parcela de titularidade municipal no viveiro de empresas, situado na entrada principal ao polígono industrial. A Administración local financia este proxecto con fondos propios, achegando arredor de 15.000 euros. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, acudiron este martes ata o lugar das obras para comprobar o resultado.

A finalidade destas actuacións é adecuar o exterior do edificio para facilitar a accesibilidade ás diferentes entradas. No proxecto tamén se contempla a canalización soterrada da rede de abastecemento de auga, que permitirá dotar á parcela cunha zona axardinada con rega automática.

Viveiro de empresas
O Concello lembra que continúa aberto o programa de acollemento no viveiro de empresas, ofrecendo a posibilidade aos emprendedores laracheses de alugar a prezos reducidos unha das dúas naves ou unha das oito oficinas que se ofertan no modelo coworking. En ambos casos se inclúe o servizo de telefonía fixa, acceso a internet, limpeza, seguro, alarma de vixilancia e emprego das zonas comúns (sala de reunións e aulas polivalentes).