O concurso de Entroido da Baña repartirá 3.350 euros en premios o 17 de febreiro

2 minutes read

O Concurso de Entroido da Baña, que se desenvolverá na tarde do sábado 17 de febreiro, repartirá un total de 3.350 euros en premios entre os mellores disfraces nun total de catro categorías: carroza, comparsa, grupo e individual. As inscricións estarán abertas ata o mércores 14 de febreiro e poderán facerse a través da sede electrónica nesta ligazón ou presencialmente no Rexistro Xeral cubrindo o formulario correspondente.

O desfile, que adoita concitar numeroso público, percorrerá as rúas Castelao e Tedelle a partir das 16.30 horas e os participantes contarán con cinco minutos para actuar diante da escola de música Emilio Andújar.

Carrozas (formada por un mínimo de sete persoas que deberán desfilar enriba dun móbil) e comparsas (integrada por un mínimo de sete persoas que concorran co mesmo motivo) levarán os premios máis suculentos: 900 euros a primeira, 400 euros a segunda e 150 a terceira. Os grupos (de entre 2 e 6 persoas) optan a dous premios de 150 e 100 euros, respectivamente. Por último, os tres mellores disfraces individuais serán galardoados con 100, 60 e 40 euros.

O xurado valorará vestiario e maquillaxe, a utilización de material de refugallo, a orixinalidade, a posta en escena e a involucración do público.

As inscricións están xa abertas e as persoas interesadas poderán facelas cubrindo as formularios correspondentes e presentándoos tanto a través da sede electrónica do Concello da Baña como presencialmente no Rexistro Xeral en horario de atención ao público. A recollida de dorsais poderá facerse o venres 16 no Concello ou ben o día do desfile a partir das 15.00 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?