O concurso de marcapáxinas organizado polo Concello da Laracha xa ten gañadores

Ganadores, de izquierda a derecha, del concurso marcapáginas en A Laracha

  • Os traballos que obtiveron os primeiros premios serán editados e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais

Este martes déronse a coñecer os gañadores do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello da Laracha dentro das actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, onde participaron rapaces de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. Os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

O xurado, tras valorar todos os traballos presentados, acordou outorgar o 1º premio a Sofía Queijo Rey por “Ler fai voar”, mentres que o segundo foi para Eric Santalla Méndez por “O libro da infancia”. Estes dous nenos gañaron dentro da modalidade de 1º, 2º e 3º de Primaria.

No referente ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, Sabela López Bugallo alcanzou o primeiro posto grazas a «Noite de contos», mentres que «O meu fantástico libro», de Sabela Fermoso Piccardi conseguiu o segundo premio.

Os catro galardoados recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. A entrega farase este venres a partir das 19:30 horas nun acto que se desenvolverá no baixo da biblioteca municipal da Laracha, onde se poderán ver durante toda a semana os traballos realizados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha