45
Nos primeiros días de abril experimetouse un importante aumento no préstamo dixital e tamén no rexistro para a participación nos clubs de lectura virtuais. As bibliotecas melloraron estes servizos para responder ás necesidades provocadas polo confinamento a raíz da COVID19.
A Biblioteca da Deputación da Coruña rexistra máis libros prestados a máis persoas, desde que se decretou o estado de alarma, a biblioteca provincial viuse na obriga de pechar a súa sede física e, de maneira inmediata, optou pola mellora do servizo dixital, abrindo a todas as persoas mesmo non rexistradas, das catro provincias galegas, non só da Coruña como até entón, e aumentando o número de títulos tanto libros como outros materiais.