O Congreso aproba a ‘lei trans’ para a libre autodeterminación de xénero

O Goberno e os seus socios parlamentarios sacaron adiante este xoves no Congreso dos Deputados a chamada ‘lei trans’, que recoñece a autoderminación de xénero e desenvolve unha serie de medidas para garantir os dereitos das persoas LGTBI.

Con 188 votos a favor, 150 en contra e 7 abstencións, a futura lei chega así á recta final da súa tramitación parlamentaria, despois dunhas negociacións complicadas, primeiro no seo do Goberno, e posteriormente na Cámara Baixa, onde Unidas Podemos e PSOE mostraron as súas diferenzas en varios aspectos do texto.

A presidenta da Comisión de Igualdade, deputada socialista e exvicepresidenta do Goberno Carmen Calvo rompeu a dinámica de partido e abstívose nesta votación, aínda que o resto de deputados do PSOE apoiou a lei. «Estou de acordo con que exista unha lei, pero non esta lei», dixo á saída do pleno, aínda que matizou que tampouco coincide co «non» de «as dereitas» que nunca están «para protexer a estes colectivos».

A ministra de Igualdade, Irene Montero, celebrou que a Cámara baixa salde este xoves «a débeda» que o país ten coas persoas deste colectivo, dando «un paso moi importante para recoñecer a liberdade de determinación da identidade de xénero e os dereitos das persoas LGTBI».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha