O Congreso aprobou os Orzamentos para 2022


Os Orzamentos Xerais do Estado para 2022 saíron adiante cos 188 votos favorables de PSOE, Unidas Podemos, ERC, PNV, EH Bildu, PDeCat, Máis País, Compromís, PRC, Nova Canarias e Teruel Existe. O único partido que se descolgou do bloque da investidura foi o BNG, que se abstivo, tal e como anunciara días atrás. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, celebrou en Twitter que se deu “un paso máis cara á aprobación definitiva duns Orzamentos que instalarán a recuperación e a gran modernización” do país. A ministra de Facenda e responsable das contas, María Jesús Montero, tamén destacou ante os medios que son uns Orzamentos “imprescindibles para a recuperación económica, a clase media, unhas pensións garantidas e para pemes e autónomos”: “Hoxe é un día en que todos se teñen que alegrar, menos a dereita, instalada no canto peor mellor”.