Os Orzamentos Xerais do Estado para 2022 saíron adiante cos 188 votos favorables de PSOE, Unidas Podemos, ERC, PNV, EH Bildu, PDeCat, Máis País, Compromís, PRC, Nova Canarias e Teruel Existe. O único partido que se descolgou do bloque da investidura foi o BNG, que se abstivo, tal e como anunciara días atrás. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, celebrou en Twitter que se deu «un paso máis cara á aprobación definitiva duns Orzamentos que instalarán a recuperación e a gran modernización» do país. A ministra de Facenda e responsable das contas, María Jesús Montero, tamén destacou ante os medios que son uns Orzamentos «imprescindibles para a recuperación económica, a clase media, unhas pensións garantidas e para pemes e autónomos»: «Hoxe é un día en que todos se teñen que alegrar, menos a dereita, instalada no canto peor mellor».
35