O congreso do PSC abre a precampaña en Cataluña

O adianto electoral en Cataluña converteu o décimo quinto congreso do PSC no primeiro acto da precampaña na Comunidade. Houbo que modificar sobre a marcha a orde do día para incluír a designación de Salvador Illa como candidato a presidir a Generalitat. Na apertura do congreso socialista, o expresidente Zapatero falaba dos comicios máis importantes dos últimos 25 anos: «son as eleccións nas que Cataluña ten a inmensa oportunidade de abrir unha etapa definitiva de convivencia, de afirmación da pluralidade, de recoñecemento da diversidade». Por outro lado, Ciudadanos anunciou que, en caso de confirmarse a volta de Puigdemont, impugnarán a súa candidatura por estar censado fraudulentamente en Cataluña pese a levar máis de 6 anos vivindo en Bélxica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha