O conselleiro de Educación comprobará este mércores en Carballo as obras de rehabilitación no Instituto Alfredo Brañas

Román Rodríguez anunciaba en 2024 a rehabilitación integral do IES Alfredo Brañas de Carballo.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, comprobará este mércores o resultado das obras de rehabilitación integral acometidas no Instituto Alfredo Brañas de Carballo.

Cun orzamento de case 1,8 M€, a actuación tivo como obxectivo mellorar o confort térmico do edificio e, como consecuencia, o día a día de alumnos e docentes, ao tempo que se consegue unha maior eficiencia enerxética e un menor consumo.

Esta intervención enmarcouse na segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que contou cun orzamento inicial de 200 M€ para os últimos catro anos. “Na primeira fase deste plan investimos case 1 M€ nos centros educativos de Carballo, con obras tan demandadas como o salón de actos deste mesmo instituto”, explicou Román Rodríguez. Tamén se acometeu a instalación térmica e fotovoltaica do Instituto IES Monte Neme e melloras na cuberta do Colexio CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo, entre outras.

A intervención no IES Alfredo Brañas centrouse na colocación de sistema de illamento térmico polo exterior tipo SATE nos 4.545 m² que abranguen. Así mesmo, instalous unha nova cuberta de panel sándwich con illamento térmico e amén se colocaron novos canlóns e baixantes.

Tamén houbo cambio de fiestras, persianas e portas e a maiores luminarias de tipo led, falso teito rexistrable nas aulas do módulo de ampliación e tarefas de pintado nas zonas afectadas pola rehabilitación.

Related posts

As praias de Malpica únense á iniciativa “Praia Pallet”

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión