O conselleiro do Medio Rural asiste á inauguración da Festa da Pataca de Coristanco

1 minutes read

O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez, está este sábado 16 de setembro dende as 12 do mediodía na XLI Festa da Pataca de Coristanco.

-Ás 12.00 horas chegará á praza do concello para a inauguración e apertura de stands de Artesanía Alimentaria de Galicia, onde transmitirá unha mensaxe aos artesáns e visitantes. Visitará á exposición fotográfica “Coa terra nas mans”. Con especial fincapé no espazo adicado aos pais da pataca de Coristanco.

-Ás 12.30 horas: Visita ao Museo da Pataca onde se atopará exposto un vehículo agrícola histórico. Charla con productor local.

-Ás 13.00 horas: Regreso á praza do concello para visitar o stand da bodega Martín Códax para, seguidamente, participar no Obradoiro de aceites artesáns da man de expertos incluídos na Axencia Galega de Calidade Alimentaria; e na degustación do produto local Patacas de Coristanco acompañadas de Peixe de Laxe elaborado polo chef galego Miguel Mosteiro.