O conselleiro de Medio Rural comprobou os traballos de prevención de incendios en Carnota

Visita do conselleiro de Medio Rural, José González_Concello de Carnota

  • Estas actuacións, que afectan a máis de 190 hectáreas de terreo, foron solicitadas varias veces polo actual goberno local

Este luns o conselleiro de Medio Rural, José González, achegouse ata Carnota onde, acompañado polo rexedor, Juan Manuel Saborido, comprobou in situ os traballos que están realizando desde o servizo de defensa e prevención contra incendios forestais en máis de 190 hectáreas de terreo.

Estas accións foron demandadas polo actual equipo de goberno de Carnota en varias visitas a Medio Rural despois de que no 2019 se producira un incendio na Boca do Río e outro no 2020 en Quilmas.

O obxectivo destas intervencións, que superaran os 500.000 euros de orzamento, é xestionar a biomasa que se atopa preto das vivendas creando franxas de seguridade para evitar danos persoais e materiais.