O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse este mércores co alcalde de Cabana, José Muíño. No encontro, tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.