O conselleiro de Sanidade asina este venres en Malpica un convenio para construir un novo centro de saúde

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinarán este venres 17 de novembro ás 12:30 horas un convenio entre o Sergas e o Concello para a construción dun novo centro de saúde. Tamén asistirán, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o xerente da área sanitaria de Coruña e Cee, Luis Verde Remeseiro. O acto terá lugar na biblioteca do Centro Cívico Cultural (rúa Ventorrillo, s/n, 2ª andar). 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha