O conselleiro de Sanidade reafirma o seu compromiso coa atención primaria

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu ao Parlamento de Galicia para referirse á situación da Atención Primaria. Segundo dixo, o seu departamento reafirma o compromiso co primeiro nivel atención sanitaria que se ven mantendo dende o Servizo Galego de Saúde mediante a construción de novas infraestruturas, investimento en equipamento e creación de novas prazas de profesionais.

García Comesaña destacou que nos últimos anos realizouse importante esforzo en canto a asignación orzamentaria, lembrando que nos presupostos da Xunta deste ano a partida destinada á Atención Primaria medrou en 46 millóns de euros respecto do destinado no ano 2019. A isto tamén habería que engadir outros 102 millóns de euros entre 2019 e 2021 do Plan Galego de Atención Primaria, lembrando que Galicia foi das primeiras comunidades en poñelo en marcha.

A Consellería de Sanidade, dixo, leva tempo aplicando medidas para mellorar a atención sanitaria aos cidadáns e as condicións e medios de traballo para os profesionais no eido da Atención Primaria. Entre elas destacou a construción e licitación de novas infraestruturas, así como obras de mellora nas instalacións existentes.