O conselleiro delegado de Ence declarado «persoa non grata» en Pontevedra

Votación Pleno Pontevedra.

O pleno da Corporación municipal de Pontevedra declarou este luns «persoa non grata» ao presidente e conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares y Brunet. A sesión plenaria aprobou esta declaración cos votos a favor dos dous grupos proponentes e que conforman o goberno, BNG e PSOE. Tanto o PP como o concelleiro non adscrito, Goyo Revenga –ex de Ciudadanos–, votaron en contra. Durante o debate, o concelleiro do BNG César Mosquera responsabilizou a Colmenares de «dirixir e permitir» o » escrache violento» sufrido polo alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, e varios membros do seu goberno por parte dun grupo de traballadores da empresa de celulosa o pasado 11 de marzo. Un acto de protesta no que houbo «risco real» para a integridade física do rexedor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha