O conselleiro Román Rodríguez estará este luns en Cee e Muxía

0 minutes read

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, estará este luns ás 11:30 horas en Cee, acompañará a presidenta da Fundación Fernando Blanco de Lema, Eva García, na sinatura dun convenio de colaboración. Unha hora máis tarde, Román Rodríguez, participará no acto de inauguración das instalacións do ciclo de FP Básica Dual de Cociña e Restauración do Instituto IES Ramón Caamaño, ubicado na rúa Manuel Lastres, 33, en Muxía.