O Consello da Cultura Galega publica «Farsa das zocas», unha peza teatral de Carvalho Calero

“Farsa das zocas” é unha pequena peza teatral de Ricardo Carvalho Calero que conta cun triángulo amoroso con interese económico como pano de fondo.

Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho.

E tamén ten formato audiovisual; un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida ás personaxes recreadas por Carvalho Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Carvalho Calero.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha