O Consello da Xunta aproba o decreto para que os PAC abran os sábados, domingos e festivos

O presidente da Xunta explicou que ao mesmo tempo, e para facer posible esta reorganización, nos próximos dous anos vaise incrementar o persoal destes centros con 211 novas prazas, das que 100 serán de médicos, 80 persoal de enfermería e 31 doutras categorías. Ademais o Consello da Xunta tamén aprobou melloras retributivas para o persoal dos PAC, tras o acordo alcanzado cos representantes dos traballadores. O acordo, do que o sindicato CIG se desmarcou, inclúe un programa especial para a cobertura das xornadas dos sábados nos PAC galegos de forma que, a partir do 1 de xuño, as xornadas de 24 horas en sábado contarán cunha retribución adicional de 168 euros para o profesional médico, 135 euros para o persoal de enfermería e de 96 euros para o persoal de xestión e servizos. A Xunta afirma que garante a prestación en condicións óptimas da atención sanitaria de urxencia no nivel de atención primaria e, ademais, salvagarda os dereitos do persoal, en particular no que se refire ao réxime de xornada laboral.

Related posts

Carballo dá o paso definitivo para a integración da Pedra Moura de Aldemunde no Parque do Megalitismo

A Xunta vén de solicitar ao Goberno central que suspenda de inmediato a reforma do Regulamento de Costas 

O Concello da Laracha organizará un novo obradoiro dual de emprego coa colaboración da Xunta