O Consello de Colexios Médicos pídelle á Xunta «dignidade, non frivolidade»

0 minutes read

A entidade mostrou o seu rexeitamento ao bono de 250 euros para traballadoras e traballadores sanitarios, de residencias e de centros de atención á discapacidade que anunciou a Xunta e pediu que se trate a estes profesionais con «dignidade, non frivolidade». A organización, que reúne a máis de 13.000 facultativos, mostra o seu «máis rotundo rexeitamento» perante «tan singular medida». «A nosa deontoloxía e o noso xuramento hipocrático impídennos aceptar propinas como esta», indican. Ademáis reclaman «estabilidade no traballo, non contratos temporais, e recursos suficientes» para desenvolver o seu traballo «nas mellores condicións de seguridade e eficiencia».