O Consello de Ministros acordou recorrer ante o Constitucional a Lei galega do litoral

O Goberno decidiu presentar ante o Tribunal Constitucional (TC) un recurso contra a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. Segundo explicou a voceira do Goberno e ministra en funcións de Política Territorial, Isabel Rodríguez, o Goberno entende, entre outras cousas, que invade competencias exclusivas do Executivo central e que asume funcións que non están recollidas no Estatuto de Autonomía de Galicia. Polo que a norma aprobada polo Parlamento Galego, «incorpora de maneira unilateral o mar ao territorio da comunidade autónoma de Galicia». 

Tamén sinala entre os motivos para presentar o recurso ante o TC que «reduce a protección dos terreos contiguos á ribeira do mar». «As comunidades autónomas poden ir máis alá da protección do litoral, pero non ir a menos na protección da costa», polo que ademais «Galicia atribúese competencias propias que non están previstas no seu Estatuto», dicía Rodríguez.

O recurso chega tras o ditame elaborado polo Consello de Estado emitido o 21 de setembro. O Goberno pide ao TC que declare inconstitucionais 31 artigos da lei galega «o que supón o 40 por cento da mesma».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha