O Consello de Ministros aproba o PERTE agroalimentario

O Consello de Ministros aprobou o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) do sector agroalimentario, que contará cun investimento público de máis de 1.000 millóns de euros ata 2023. O Executivo prevé que a medida xere un impacto económico de 3.000 millóns e a creación neta de ata 16.000 empregos.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, sinalou que os obxectivos do proxecto son incrementar a competitividade e a sustentabilidade do sector ante os retos que se aveciñan, como o cambio climático, a conservación do medio ambiente, do chan, da auga, do aire e da biodiversidade. Planas apuntou que tamén forman parte do plan os temas relativos á trazabilidad e a seguridade alimentaria nun país que xa conta con «os máis altos estándares de seguridade do mundo».

As actuacións do PERTE, segundo expuxo o ministro, articúlanse en tres eixos. O primeiro, dotado con 400 millóns de euros, é o fortalecemento da industria alimentaria para que mellore os seus procesos de produción e incremente a súa competitividade. O segundo conta con 454,35 millóns e supón a adaptación dixital de todos os axentes que integran a cadea de valor -produción primaria, transformación, comercialización e distribución-. O terceiro implica o apoio á investigación, a innovación e a transferencia de tecnoloxía, ao que se destinarán 148,56 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha