O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu este domingo á patronal “coherencia” e “responsabilidade” na aplicación da subida do salario mínimo interprofesional (SMI) ata os 1.080 euros e que, segundo anunciou, aprobará este martes o Consello de Ministros con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro. “Non se pode estar a reclamar sacrificios salariais aos de abaixo mentres hai un festín para os de arriba”, afirmou Sánchez nun acto en Málaga xunto ao secretario xeral do PSOE en Andalucía, Juan Espadas, e o candidato socialista á alcaldía malagueña, Dani Pérez, ao que asistiron unhas 1.500 persoas. O xefe do Executivo subliñou que con esta subida -en cuxa negociación se ausentou a patronal CEOE- o Goberno seguirá cumprindo o seu compromiso cos traballadores, como, destacou, tamén se fixo coa reforma laboral.
0