O Consello de Ministros aprobou este martes o Estatuto de consumidores electrointensivos, co que prevé axudar a un total de 602 empresas de gran consumo de enerxía. A voceira do Goberno, María Jesús Montero, explicou que estas empresas, que desenvolven 60 actividades industriais e dan traballo a uns 300.000 empregados, disporán dun marco normativo que dotará de «seguridade e certeza sobre o custo da enerxía». O novo estatuto segue un modelo que, dixo Montero, é equivalente ao doutros países europeos, e «supón un apoio permanente para a industria». Así, explicou, «grazas á concesión das axudas poderán mitigar os efectos adversos do alto custo enerxético e reducir a factura». O estatuto pretende, segundo Montero, impulsar tamén proxectos de I+D+i e de substitución de fontes contaminantes, ademais, obriga ao mantemento da actividade produtiva durante un mínimo de tres anos a partir da concesión da axuda.
37