O Consello Económico e Social volve constituírse este luns dez anos despois da súa última xuntanza

Sala circular do Auditorio de Galicia_Concello de Santiago

  • A convocatoria deste luns inclúe a presentación da proposta de funcionamento e das medidas do plan de reactivación social e económico de Santiago

A sala circular do Auditorio de Galicia acollerá o vindeiro luns, 22 de xuño, ás 20:00 horas, a xuntanza de constitución do Consello Económico e Social, presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. É a primeira vez que este órgano de participación se reúne dende o ano 2010.

Ademais da propia constitución do Consello Económico e Social, a convocatoria deste luns inclúe na orde do día a presentación da proposta de funcionamento e das medidas do plan de reactivación social e económico de Santiago (Reactiva Santiago). Tamén se abordará a creación dun comité social e económico da crise derivada da COVID-19, e dunha comisión de formación profesional.

O Consello Económico e Social é un órgano permanente de comunicación entre os distintos intereses económicos e sociais do Concello de Santiago. Entre as súas funcións figuran: ser informado sobre os criterios e liñas xerais do anteproxecto do orzamento municipal, elaborar informes ou estudos en calquera asunto de carácter económico e social ou propoñer solucións e criterios de actuación orientados á promoción económica e á creación de emprego no municipio de Santiago.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha