O consello galego de economistas premia ao Grupo Gadisa

dpm.

O consello galego de economistas premiou ao Grupo Gadisa pola súa contribución «ao desenvolvemento de Galicia». Recolleu o galardón, de mans do presidente da Xunta e da Vicepresidenta económica do goberno, Nadia Calviño, o presidente e conselleiro delegado do grupo, Roberto Tojeiro. Na cerimonia celebrada este venres na Coruña, o empresario falou de manter a competitividade de xeito sostible pero pediu tamén igualdade e as mesmas regras para todos, tanto en España como en Europa. Gadisa factura 1.600 millóns de euros ao ano e dalle traballo a 8.400 persoas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha