O ConselloGalego de Enxeñerías (CGES), que agrupa aos 8 colexios galegos de enxeñerías superiores, organiza o III Torneo CGES de Golf, que terá lugar os próximos días 9 e 10 de setembro no Club de Golf de Xaz en Oleiros (A Coruña). O torneo disputarase baixo a modalidade “stableford” e nel xogarán socios, enxeñeiros e convidados. A presentación do torneo tivo lugar hoxe, no pazo de Xaz. Contou coa participación do presidente do club de Golf Xaz, Federico Canas; o presidente do CGES e decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños en Galicia, Enrique Urcola; o vicepresidente do CGES e decano dos Enxeñeiros de Telecomunicación, Julio Sánchez; e Beatriz Spuch, vicedecana do Colexio de Enxeñeiros Navais. O presidente do CGES, Enrique Urcola, agradeceu o traballo realizado por Mutuactivos, o Club de Golf de Xaz e os patrocinadores dun torneo no que espera que “a participación poida crecer aínda máis que na segunda edición na que, a pesar de estar aínda coas restricións propias da saída da pandemia sanitaria, fomos capaces que xuntar a máis de 170 xogadores, duplicando a participación da primeira edición”.
0